Blogia
RecursosAPOEGAL

IX Congreso Galego-Portugués de Psicopedagoxía

 

Unha nova edición do Congreso Galego-Portugués de Psicopedagoxía vai ter lugar no mes de setembro, na Coruña. Xa é o Congreso senlleiro polo que supón de calidade de todas as persoas participantes, polos temas que se debaten, asi como por todos os intercambios científicos que se fan e, sobre todo, por todas as achegas e propostas que se traen e se sinalan como necesarias para todos os niveis dos eidos educativos preferentemente de Galicia e Portugal.

  Desde aqui convidamos a todas cantas persoas vinculadas aos diferentes niveis dos sistemas educativos de Galicia, España, Portugal e demáis paises latinos e americanos para que se sumen ás aportacións coas que podemos contribuir ás nosas respectivas comunidades de orixe e redundar, deste xeito, na mellora da calidade educativa.

 

IX Congreso Galego-Portugués de Psicopedagoxía

 

 

0 comentarios