10/09/2007
OS ADITIVOS E O COMPORTAMENTO INFANTIL

Algúns aditivos poden exacerbar nos nenos actitudes hiperactivas
No xornal Galicia Hoxe lemos os resultados dunha investigación sobre aditivos realizada para a Axencia de Control Alimentario británica (FSA) por un grupo de científicos da Universidade de Southampton (sur de Inglaterra), que estudaron os efectos dos aditivos nas alteracións do comportamento infantil nun grupo de case 300 nenos, 153 deles de 3 anos e outros 144 de 8 e 9.
Nela sinálase que "o consumo de certas combinacións de colorantes artificiais alimentarios co conservante benzoato de sodio (E211), pode afectar nocivamente ó comportamento dos nenos", explicou a Comisión. O conservante E211 está contido en refrescos como "Pepsi Max", "Fanta" ou "Sprite", e os colorantes artificiais E110, E102, E122, E124, E129 e E104, están presentes en moitos caramelos e doces consumidos diariamente polos nenos.
03/09/2007
EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA (unha materia polémica)
25/06/2007
UN TRABALLO EFICAZ E CONTINUADO: OS BOLETÍNS DE APOEGAL

|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
20/06/2007
CENTO UN RECURSOS DIDÁCTICOS
13/06/2007
A SELECTIVIDADE xa está aquí

A SELECTIVIDADE INCORPORA UNHA PROBA DE COMPRENSIÓN ORAL DE INGLÉS
Durante os días 13, 14 e 15 de xuño de 2007, máis de nove mil cincocentos alumnos/as realizarán as probas de selectividade. As novidades da convocatoria 2006/2007 afectan á lingua inglesa.
Comisión Interuniversitaria de Galicia
Recursos de información académica e profesional para o alumnado de Bacharelato
06/06/2007
MONOGRÁFICO DE EDUCAWEB SOBRE TÉCNICAS DE ESTUDO

31/05/2007
IX Congreso Galego-Portugués de Psicopedagoxía

Unha nova edición do Congreso Galego-Portugués de Psicopedagoxía vai ter lugar no mes de setembro, na Coruña. Xa é o Congreso senlleiro polo que supón de calidade de todas as persoas participantes, polos temas que se debaten, asi como por todos os intercambios científicos que se fan e, sobre todo, por todas as achegas e propostas que se traen e se sinalan como necesarias para todos os niveis dos eidos educativos preferentemente de Galicia e Portugal.
Desde aqui convidamos a todas cantas persoas vinculadas aos diferentes niveis dos sistemas educativos de Galicia, España, Portugal e demáis paises latinos e americanos para que se sumen ás aportacións coas que podemos contribuir ás nosas respectivas comunidades de orixe e redundar, deste xeito, na mellora da calidade educativa.
23/05/2007
NOVA XUNTA DIRECTIVA DE APOEGAL
VICEPRESIDENTA: ANA TORRES JACK
SECRETARIA: GEMA CASTRO PICO
TESOUREIRO: LUIS ALBERTO VARELA PÉREZ
VOCALÍA DE COMUNICACIÓN: SONIA FERRO CID
VOCALÍA DE FORMACIÓN: JUAN LUIS RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ






