Blogia
RecursosAPOEGAL

OS ADITIVOS E O COMPORTAMENTO INFANTIL

OS  ADITIVOS  E O COMPORTAMENTO  INFANTIL

 

Algúns aditivos poden exacerbar nos nenos actitudes hiperactivas

No xornal Galicia Hoxe lemos os resultados dunha investigación sobre aditivos realizada para a Axencia de Control Alimentario británica (FSA) por un grupo de científicos da Universidade de Southampton (sur de Inglaterra), que estudaron os efectos dos aditivos nas alteracións do comportamento infantil nun grupo de case 300 nenos, 153 deles de 3 anos e outros 144 de 8 e 9.

Nela sinálase que "o consumo de certas combinacións de colorantes artificiais alimentarios co conservante benzoato de sodio (E211), pode afectar nocivamente ó comportamento dos nenos", explicou a Comisión. O conservante E211 está contido en refrescos como "Pepsi Max", "Fanta" ou "Sprite", e os colorantes artificiais E110, E102, E122, E124, E129 e E104, están presentes en moitos caramelos e doces consumidos diariamente polos nenos.


0 comentarios